II TORNEO DE NADAL 3X3
O vindeiro 25 de decembro, ASOCIACIÓN BALONCESTO XINZO coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia, organizará un torneo en modalidade 3x3, para todos aqueles limiáns que desexen divertirse xogando ó baloncesto.
A inscripción será de 10€ por equipo e non hai límite de equipos, nin idades, nin sexos, só se esixe que estean formados por alo menos catro xogadores. Cada conxunto deberá de designar un árbitro e unha mesa, entre os seus compoñentes, para que a organización poda utilizalos para dirixir os partidos deste campionato. Esta inscripción rematará o venres 24 ás 23.30h na web "abxinzo.com" e o sábado 25 ás 15.30h no pavillón de Xinzo.
O torneo comenzará ás 16.00h e rematará ó redor das 22.00h. Dependendo do número de equipos farase o sistema de competición, onde cada equipo disputará un mínimo de tres partidos.
Haberá trofeo para o primeiro, segundo e tercer clasificado; e ademáis organizaremos un concurso de triplas.
Cada partido constará dun tempo de 20 minutos, que serán corridos agás o último minuto, que será a reloj parado. Cada equipo disporá dun tempo morto dun minuto de duración. As normas de xogo serán as da FIBA.
EQUIPOS INSCRITOS
JUGONES
FUMONES
COIDADO CO TRIPLE
OS ARAÑOS
AND ONE
MAIS DE TRINTA...CASE CUARENTA
NON CHO SEI
CLASIFICACIÓN
1º- JUGONES
2º- OS ARAÑOS
3º- COIDADIN CO TRIPLE
MVP: RUBEN VELOSO
GAÑADOR CONCURSO DE TRIPLAS: HECTOR OLIVEIRA
