NOVAS

 

.31/05/11.- Coma colofón desta tempada os próximos tres eventos:

- Este sábado 4 organizamos o I TORNEO DE MINI VILAS DE OURENSE, onde participarán un total de 16 equipos das distintas vilas ourensás. (para máis información entra en "EVENTOS").

- O domingo 5 o equipo alevín feminino xogará a final de Copa, contra o equipo de Salesianos na pista central do Paco Paz, ás 12.00h.

- O sábado 11 de xuño os nosos equipos alevín masculimo, alevín feminino, benxamín e prebenxamín participarán no torneo organizado polo Correo Gallego, en Santiago de Compostela.

.19/05/11.- Estamos chegando ó remate de todas as competicións. Xa podes consultar os horarios desta fin de semana en "PARTIDOS".

.17/05/11.- Só o equipo benxamín conqueriu a victoria esta fin de semana.

.11/05/11.- Xa podes consultar os partidos desta semana.

.10/05/11.- Noraboa o alevín feminino xa que disputará a final da Copa, tras eliminar ó conxunto de Maristas.

.10/05/11.- Mal comenzo na Liga FGB para o alevín masculino, sumou senda derrotas nos dous primeiros partidos.

.10/05/11.- Vai rematando a tempada para algúns equipos; tanto os juniors, masculino e femenino, como o cadete feminino despedíronse da competición esta fin de semana.

.04/05/11.- Interesante fin de semana o que nos espera. O equipo alevín masculino comenza a Liga Galega, onde quedou encadrado con conxuntos de Vigo, Tui e Vilagarcía. E o equio alevín feminino debe remontar os dous puntos de diferencia que traen de ventaxa o conxunto de Maristas. Xa podes consultar os horarios en "PARTIDOS".

.03/05/11.- Malos resultados os conseguidos esta fin de semana nos partidos de ida da Copa. Só é salvable a derrota por dous puntos do alevín feminino.

.27/04/11.- Un ano máis participaremos cos nosos equipos mini no torneo que organiza "EL CORREO GALLEGO"; "VII DIA AUTONOMICO DO MINIBASQUET". Será o sábado 11 de xuño no pavillón Fontes do Sar de Santiago de Compostela.

.27/04/11.- Despois dunhas boas vacacións voltamos a competición. Xa podes consultar os horarios desta xornada en "PARTIDOS".

.18/04/11.-Mal fin de semana, todos os resultados foron derrotas.

.12/04/11.- Boa fin de semana para os equipos de mini, xa que os tres conqueriron a victoria. Mala para o resto xa que foi todo derrotas.

.06/04/11.- Xa podes consultar os horarios desta fin de semana.

.05/04/11.- Bo fin de semana para os equipos alevíns, o feminino gañou na súa visita o EDO COUTO, e o masculino asegurouse xa o subcampionato ligueiro e xogará no mes de maio a Copa Galicia.

.30/03/11.- Xa podes consultar os horarios desta semana en "PARTIDOS".

.27/03/11.- Nefasta xornada en canto a resultados dos equipos EIDOEMPRESA A. B. XINZO; todos foron derrotas. Unha mala xornada á que se añade que o Alevín Masculino xa non pode ser campión provincial, terá que conformarse co 2º posto e xogala Copa Galicia. Pero aínda que os resultados foron malos, dende a directiva temos que felicitar a nosa afición; no partido senior houba máis de 70 siareiros e nos partidos con Salesianos máis de 50. Gracias a todos polo seu apoio.

.23/03/11.- Xa podes consultar os horarios dos encontros desta fin de semana en "HORARIOS".

.22/03/11.- Mal fin de semana en canto os resultados, xa que só conseguiu gañar o senior masculino na súa visita a "Resto do Mundo".

.17/03/11.- Aplazase o partido de liga cadete feminina EIDOEMPRESA A. B. XINZO-BLANCO AMOR.

.17/03/11.- Xa podes consultar os horarios dos encontros desta semana en "PARTIDOS"

.11/03/11.- Por falla de árbitros aplazae o partido senior masculino "RESTO DO MUNDO-EIDOEMPRESA A. B. XINZO" para o vindeiro venres día 18 ás 21.00h.

.09/03/11.- Voltamos xa a rutina, mañá xa adestramos depois dunha semana de vacacións. Nesta fin de semana xa comeza a Copa Deputación para o equipo senior, hai partidos de liga na maioría das categorías, e ademáis os equipos alevín feminino e benxamín xogarán o sábado a tarde uns amigables cós rapaces e rapaas do Barco. Xa podes consultar os horarios en "PARTIDOS".

.07/03/11.- O equipo senior masculino quedou encuadrado no grupo A, no torneo da "Copa Diputación; con Celanova, Alaricano e Resto do Mundo.

.02/03/11.- Este fin de semana só ten xornada de liga o equipo infantil masculino, que xoga o venres ás 17.00h contra o C.B. Allariz no municipal de Xinzo.

.28/02/11.- Mal fin de semana para os nosos equipos , onde só conqueriu a victoria o alevín masculino.

.24/02/11.- Xa podes consultar os horarios desta semana.

.21/02/11.- Bos resultados para os equipos dos máis pequenos esta fin de semana. Os benxamíns, alevíns masculinos e infantís masculinos remataron os seus partidos con victorias, non así o resto dos equipos que xogaron nesta xornada.

.16/02/11.- Consulta os horarios desta xornada en "PARTIDOS".

.16/02/11.- Xa podes ver en "EVENTOS" videos da Presentación da tempada 09/10 e do encontro senior masculino Eidoempresa A. B. Xinzo - Xuventude Verín.

.14/02/11.- Destacamos as victorias dos equipos alevín masculino e do benxamín nesta xornada, xa que os demáis resultados foron derrotas.

.08/02/11.- Xa podes consultar os horarios dos encontros desta fin de semana en "PARTIDOS".

.07/02/11.- Destacamos esta fin de semana a victoria do equipo senior ante o Xuventude Verín e a derrota pola mínima do cadete feminino na súa visita a ALLARIZ.

.02/01/11.- Xa podes consultar os horarios desta semana en "PARTIDOS".

.30/01/11.- Mala xornada para os equipos EIDOEMPRESA A. B. XINZO, todo foron derrotas agás as nenas do alevín que gañaron na súa visita a Maristas. Sorprendeu a primeira derrota do alevín masculino. 

.27/01/11.- Xa pode consultar os horarios dos encontros desta fin de semana en "PARTIDOS".

.23/01/11.- Outra xornada con resultados diversos.O equipo senior case da a sorpresa ante o Alaricano, pero o final caeu derrotado por 70-73. Derrotas abultadas as colleitadas polo junior masculino, o cadete feminino e o benxamín. E victorias dos infantís e dos dous conxuntos alevíns.

.21/01/11.- Por falla de árbitros o partido de categoría senior masculino "EIDOEMPRESA A. B. XINZO - C. B. REPERKUSIÓN ALARICANO" xogarase o domingo 23 ás 18.30H.

.18/01/11.- Esta xornada vai ser toda como locais. Xa podes consultar os encontros en "PARTIDOS".

.17/01/11.- Nesta fin de semana resaltamos as victorias dos alevíns masculinos na súa visita a Maristas e a dos benxamíns na casa do Edo Mestre Vide. O resto dos resultados foron todos de derrota.

.09/01/11.- Este domingo o baloncesto foi o rei na capital limiana. Gran afluencia de público na festa-presentaciónda tempada 2010/2011. Gracias a todos por facelo posible. Entra en "EVENTOS" e en "GALERÍA DE IMAXES".

.09/01/11.- Rompeuse a racha de victorias do equipo senior no Barco.

06/01/11.- Xa volven as competicións. Este fin de semana tocalle estrear o ano o equipo senior masculino; o sábado visitara ó Proinor Barco.

.25/12/10- O equipo dos "JUGONES" adxudicouse o II Torneo 3X3 Nadal Xinzo 2010.

.23/12/10.- Hoxe xogaronse os derradeiros partidos do ano. Os equipos junior e cadete feminino remataron con derrota os seus enfrontamentos contra os equipos de Blanco Amor.

.20/12/10.- O domingo 9 de xaneiro faremola festa-presentación de tódolos equipos do noso clube. O remate teremos pinchos para os asistentes ó acto.

.20/12/10.- Esta xornada estivo marcada pola variedade de resultados. Os alevins masculinos conqueriron o " I TORNEO DE MINI RIBEIRA SACRA", gañando todos os partidos con moita solvencia; e tamén conseguiron a victoria no seu partido de liga, co cal quedaron campións do seu grupo e pasan agora a xogala fase polo título.

 O equipo senior ganou na súa visita a Molgas, o que significa a súa terceira victoria consecutiva. O junior masculino estivo a piques de conseguir a súa primeira victoria da tempada, pero no derradeiro minuto deixouna escapar.O resto dos partidos tamén se saldaron con derrota.

.15/12/10.- A maiores dos partidos oficiais, esta fin de semana depara dúas citas importantes. O sábado o equipo alevín masculino disputará o "I TORNEO DE MINIBASKET RIBEIRA SACRA" que se celebrará en Luintra, e os rapaces do 2003 enfrontaranse ó SALESIANOS 2003, o domingo ás 16.30h en Xinzo.

.15/12/10.- Xa podes consultar os horarios dos partidos desta xornada.

.12/12/10.- Mal fin de semana para os equipos EIDOEMPRESA A. B. XINZO, só o equipo senior conseguiu gañar o seu partido.

.10/12/10.- Xa está aberto o prazo para inscribirse no II TORNEO 3X3 DE NADAL. Entra na sección "EVENTOS" e informate.

.09/12/10.- @s nen@s da escola "BABYBASKET" nados no 2004 e no 2005, disputarán un amigable coa escola de baloncesto de Salesianos COB. Este domingo día 12 ás 11.00h no pavillón municipal de Xinzo.

.09/12/10.- A directiva do clube está a barallar duas datas para a festa-presentación. O domingo 2  ou o domingo 9 de xaneiro.

.08/12/10.- Xa están os horarios dos encontros desta fin de semana na sección de "PARTIDOS".

.02/12/10.- Esta fin de semana todos os equipos descansan.

.30/11/10.- O Clube Ourense Baloncesto "COB", o Concello de Xinzo e o clube Asociación Baloncesto Xinzo organizarán un campus de baloncesto na nosa vila. Dende o domingo 26 de decembro ata o xoves 30 de decembro. Se necesitas máis información entra na sección de "EVENTOS".

.28/11/10.- Resultados dispares para os equipos EIDOEMPRESA A. B. XINZO esta fin de semana. Os conxuntos junior e cadete perderon con marcadores demasiado abultados. Pero tanto o senior, como o benxamín conseguiron sendas victorias na tarde do domingo.

.26/11/10.- D. Luis Miguel Gil, dimite como 1º adestrador do equipo senior. Ocupará o seu posto, o ata agora 2º adestrador, D.Gonzalo Iglesias.

.26/11/10.- Victoria do equipo alevín masculino no seu partido contra o ABO. O resultado foi 53-20.

.24/11/10.- Xa temos os horarios dos encontros desta fin de semana; consúltaos na sección de "PARTIDOS".

.23/11/10.- Suspendense os adestramentos de hoxe, xa que aínda non remataron de recoller o da feira da pataca.

.22/11/10.- Mala xornada para a maioría dos equipos EIDOEMPRESA A. B. XINZO, todo foron derrotas agás o alevin maculino que conseguíu gañar na pista de Salesianos.

.18/11/10.- Para este fin de semana temos cinco partidos. O senior visitará a cancha do Xuventude Verin; o junior masculino  e o infantil masculino xogarán en Allariz; o alevín feminino enfrontarase en Ourense ó Carmelitas; e o alevín masculino visitará o equipo de Salesianos.

.17/11/10.- Suspendense os adestramentos ata o martes 23. O motivo é que o pavillón está ocupado coa Feira da Pataca.

.12/11/10.- O benxamín debuta con derrota na súa visita a Salesianos por 55-4.

.10/11/10.- Maña comenza a liga para o benxamin. Xogarán contra Salesianos na súa pista.

.08/11/10.- Nova derrota do senior por un axustado 63-65.

.05/11/10.- Cambio de día e hora do partido do senior masculino, ó final xogarase o domingo ás 17.00h.

.05/11/10.- Bo comenzo do equipo alevín masculino que conseguiu gañar na casa do ABO por 38-80.

.04/11/10.- Este fin de semana o equipo senior xogará co BEKER RESTO DO MUNDO. O partido será o sábado ás 20.30h.

.03/11/10.- Este xoves comenza a liga para o alevín masculino. Enfrontaranse o equipo do ABO, no pavillón dos Remedios ás 19.15h.

.01/11/10.- Nova derrota do equipo senior. Un ano máis a cancha do REPERKUSIÓN ALARICANO segue sendo inexpugnable. O resultado foi 78-44.

.28/10/10.- Este fin de semana disputarase a 2º xornada da liga senior masculina onde o EIDOEMPRESA A. B. XINZO visitará o REPERKUSIÓN ALARICANO.

.24/10/10.- Como en tempadas anteriores, o senior masculino sempre comenza perdendo. Hoxe foi 59-73 contra o Proinor Barco.

.20/10/10.- O partido de categoría senior zonal EIDOEMPRESA A. B. XINZO-PROINAR BARCO xogarase este domingo ás 17.30H.

.12/10/10.- O equipo senior xa coñece o seu primeiro rival "PROINOR BARCO", este partido disputarase o 24/10/10 en Xinzo.

.12/10/10.- Xa estan incritos os equipos Cadete Masculino, Cadete Feminino, Infantil Masculino, Alevín Masculino, Alevín Feminino e Benxamín Mixto.

.27/09/10.- Xa está inscrito, na delegación ourensá, o equipo senior masculino.

.25/09/10.-D. Manuel Pérez Campos patrocinará un ano máis o noso clube, pero, co seu novo proxecto mercantil "EIDOEMPRESA". Dende a directiva do A. B. XINZO agradecemos a xenerosidade de Manolo e desexámoslle moita sorte na súa nova andaina empresarial.Todos os equipos do clube chamaranse nesta tempada "EIDOEMPRESA A. B. XINZO".

.22/09/10.- O 5 de outubro comenzamos coa escola "BABYBASKET" para nen@s nados no 2003, 2004 e 2005. O horario será martes e xoves ás 18.30H.

.15/09/10.- Hoxe inscribiuse na Delegación Ourensá de Baloncesto ós equipos JUNIOR FEMININO e JUNIOR MASCULINO.

.28/08/10.- O martes 7 de setembro comenzarán os adestramentos para tódalas categorías. Durante o mes de setembro adestraremos martes, xoves e venres (agás o senior masculino que adestrará os martes e os venres).

  -BENXAMÍN MASCULINO E FEMENINO (NADOS EN 2002 E 2001) ÁS 17.30H.

  -ALEVÍN MASCULINO (NADOS EN 2000 E 1999) ÁS 17.30H.

  -ALEVÍN FEMININO (NADOS EN 2000 E 1999) ÁS 18.30H.

  -INFANTIL MASCULINO (NADOS EN 1998 E 1997) ÁS 18.30H.

  -INFANTIL FEMININO (NADOS EN 1998 E 1997) ÁS 19.30H.

  -CADETE MASCULINO E FEMININO (NADOS EN 1996 E 1995) ÁS 19.30H.

  -JUNIOR MASCULINO E FEMININO (NADOS EN 1994 E 1993) ÁS 19.30H.

  -SENIOR MASCULINO ÁS 20.30H.